martes, 17 de marzo de 2020

COMEZAMOS!

Tendo en conta as circunstancias actuais este blogue será bilingüe para facilitar a colaboración das familias. 
As instrucións da Consellería de Educación indican que as actividades propostas serán voluntarias e xerais, polo que nesta páxina atoparedes, pouco a pouco, recursos para que o alumnado non perda o hábito comunicativo en lingua inglesa. Tamén vou lanzar retos (challenges) para que os nenos e nenas se impliquen dun xeito ameno e acorde á situación. O lema que empregarei con frecuencia será "STAY AT HOME" (Queda na casa) e plantexareilles actividades sinxelas nas que podedes colaborar as familias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario